Levábamos moito tempo practicando, para que así hoxe puidesemos sacar todas as nosas forzas e correr o máis posible... Pasámolo moi ben xa que ademáis tivemos un público do máis divertido, as nais e pais, que por suposto demostraron tamén que están moi en forma. Moitas grazas por participar.
O día 8 de Marzo celebrouse o día da MULLER TRABALLADORA. Con motivo deste día o venres visitounos o grupo de teatro Ghazafelhos para amosarnos a historia do País dos Mandóns. O pasamos moi ben e gustounos moitísimo, por iso queremos dar as grazas por unha visita tan divertida.