Vistas de página en total

miércoles, 21 de diciembre de 2016

FELICES FESTAS!!!

Chegou o gran día, as vacacións de Nadal. Por iso hoxe tivemos unha merenda con todos os amigos de infantil e ademáis fixemos un  festival moi moi bonito.
Agora a descansar que dentro de pouco xa chega Papá Noel.
FELICES FESTAS A TODOS!!!!


lunes, 19 de diciembre de 2016

PAPÁ NOEL!!!

Hoxe foi un día moi especial e moi esperado por todos nós... Quén estaba no cole esperándonos? PAPÁ NOEL. Que alegría foi velo e poder darlle as nosas cartas.... Ademáis como fumos moi bos, regalounos un caramelo.
Xa queda poquito para as vacacións de Nadal así que non vos olvidedes de que o mércores faremos o noso festival.




viernes, 2 de diciembre de 2016

PARABÉNS!!

Rematado o mes de Novembro felicitamos a Sabela, Daniel e Gala que cumpriron 3 anos, e a Hugo e Adrián que cumpriron 4. Moitas felicidaaaades!!!!




martes, 29 de noviembre de 2016

ALFABETOS

A continuación vos deixamos uns videos dos alfabetos que se traballan en 5º de Educación Infantil. 


1. alfabeto asociación imaxe-xesto-letra


2. alfabeto dactilológico


viernes, 25 de noviembre de 2016

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de Novembro é o día contra a violencia de xénero, por iso desde as nosas aulas fixemos unha bonita postal para conmemorar este día. Para facela, primeiro contamos o conto "Arturo y Clementina" que vos deixamos a continuación.







lunes, 14 de noviembre de 2016

CLAVEIS DE CORES!!!

Hoxe cando chegamos a clase, quedámonos alucinados cos nosos claveis, xa que XA NON ERAN BRANCOS!!! Agora eran de cores. 
Como nos gusta experimentar coa auga!!






sábado, 12 de noviembre de 2016

QUÉ PASARÁ?

Seguimos experimentando coa auga, e esta vez tocou experimentar con claveis. Atopamos tres cubos de auga con colorante, un verde, outro laranxa y outro vermello, polo que cada neno escolle o color que máis lle guste e bótase na botella na cal deixamos os claveis reposando ata o luns... QUÉ PASARÁ COS NOSOS CLAVEIS?


jueves, 3 de noviembre de 2016

PARABÉNS!!

Hoxe queremos felicitar aos nenos que estiveron de cumple no mes de Outubre: Jaime, Martina e Irene A que cumpriron 4 anos, Roque que cumpriu 5, Antía que cumpriu 3 e Joaquín que cumpriu 4. 
Moitas felicidades a todos!



sábado, 29 de octubre de 2016

FESTA DE SAMAÍN!!

O venres 28, festexamos a festa do Samaín. Gústanos moitísimo esta festa xa que xogamos, disfrazámonos e ata cociñamos!!!  Foi un día especial e aquí podedes ver un reflexo da nosa alegría: primeiro cociñando una merenda monstruosa (plátanos pantasmas, mandarinas cabazas e galletas arañas), despois da merendola que fixemos  todos xuntos, e por último disfrazados de morcegos.
QUE MEDO ESTA FESTA PERO QUE BEN O PASAMOS!!!!!!!










jueves, 27 de octubre de 2016

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Estamos a festexar a festa do Samaín, por iso trouxemos unhas cabazas moi divertidas das nosas casas para adornar o cole.  Gustáronnos moito todas.
Agora xa casi estamos preparados para a festa do Samaín.








lunes, 24 de octubre de 2016

CHEGOU O SAMAÍN!!!

Comeza a semana do Samaín, e por iso querermos deixarvos uns contos e unha canción do Samaín. Esperemos que vos gusten.

                                                                CARABUÑAS



CORRE, CORRE CABACIÑA


                                      


OS ESQUELETOS



Ademáis vos deixamos un corto realizado polos nenos de 4º de Educación Primaria do ano 2015-2016, no que gañaron o primeiro premio de "Nós tamén creamos"

PELOS TORTOS

miércoles, 19 de octubre de 2016

PROXECTO A AUGA!!

Os de 5º e 6º de Infantil fixemos unha excursión do máis divertida: Aquaciencia. Foi unha excursión moi entretida e gustounos moito, por iso, vamos a traballar a auga. Os de 4º aínda somos moi pequenos para facer excursións pero tamén experimentamos coa auga e gustounos moito. 

Por iso, moi atentos a todo o que vamos a aprender coa auga.




PARABÉNS!!

Felicitamos aos nosos nenos e nenas que cada vez fanse máis maiores. No mes de setembro celebramos os cumples de verán e setembro. Por iso felicitamos a Martín, Lucía, Sara, Gerard, Ainara, Alexandru e Mariela que cumpriron 5 anos. E Sofía, Briana, Icía, Valentina e Pablo que cumpriron 4 anos.





FESTEXAMOS O 25 ANIVERSARIO!!!

O venres 7 de Outubro celebramos o aniversario do noso cole cun gran evento no Jofre.
A continuación podedes ver a actuación dos máis pequenos do cole. Os de 5º e 6º de Infantil cantaron e bailaron a canción do ABECEDARIO.


miércoles, 28 de septiembre de 2016

¡BENVIDOS AO NOSO BLOGUE!

Xa estamos aquí os pequerrechos de Ponzos. Fixemos este blogue para que poidades ver fotos dos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos. 
Espermos que vos guste!!!
A continuación mostramos unhas fotos da benvida ao cole, resaltando aos máis novos e a superación do período de adaptación.